Os Meus Libros
Cada libro é unha porta aberta á imaxinación.
Un lugar onde nacen historias pensadas para espertar a curiosidade, a emoción e as ganas de ler desde pequenos.

22 segundos

Memoria do silencio

Matilde

A casa da mosca chosca

Rato de campo e rato de cidade
22 segundos
O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase.
“Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá -ou non quererá comprender- nada. O distinto asusta, dá vertixe porque obriga a cuestionarse tantas cousas… E por iso fago este vídeo, porque non quero ter máis medo, nin vergoña de ser quen son.”Antes de que lle dese tempo a pensar, conectou a cámara co ordenador. Vinte e dous segundos. Ese foi o tempo que tardou o arquivo en subir á rede.

“22 segundos” relata, en primeira persoa, anacos da infancia e adolescencia dun mozo transexual que, desde os primeiros anos sabe -sen poñerlle etiquetas- que a súa identidade de xénero non coincide co sexo que lle asignaron ao nacer. Unha obra que busca visibilizar, desde a empatía, un colectivo de persoas historicamente silenciadas e denigradas que loita por que as leis -e a sociedade- deixen de consideralas enfermas.
Sobre a obra:
Memoria do silencio
Ás mulleres non nos queda outra que facer o parvo e por boa cara, polo menos de portas para fóra. Ás mulleres tócanos facer as cousas por detrás, que non se note que estamos, porque somos invisibles, coma o ar. O que non saben, ou non pensan, é que o ar se coa en todos os recantos precisamente porque non se ve.
Así facemos nosoutras.

“Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en América como directora de orquestra. Tempos difíciles onde o medo e o silencio tecen unha rede de segredos e intrigas cun fin último: a liberdade.
Novela a tres voces que explora, entre ficción e realidade, un capítulo pouco coñecido do noso pasado recente: Galicia durante a II Guerra Mundial.
Obra finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil e Lista de Honra da OEPLI 2020.