Un pouco sobre min. Son Eva Mejuto, xornalista e escritora
Sobre min
Eva Mejuto (Sanxenxo, 1975)
Doutora en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela cun traballo sobre o realismo social no álbum ilustrado: Álbum testemuño: achegar a realidade ás crianzas.

A miña historia
01
Literatura infantil e xuvenil
Traballando na editora Kalandraka e en OQO ata 2006, descubrí que a miña especialidade era a literatura infantil e xuvenil e participar en encontros co alumnado dos colexios.
Autora de adaptacións de contos
Ademáis da formación e a docencia na Facultade de Belas Artes, son autora de diversas adaptacións de contos tradicionais a álbums ilustrados, traducidos a máis de dez idiomas.
22 segundos
En 2017 inicio unha andaina nova no eido da literatura xuvenil coa obra 22 segundos, a primeira obra de LIX galega que trataba a temática dun mozo Trans.
Memoria do silencio
En 2019 publico en Xerais Memoria do silencio, unha novela que se desenvolve en Galicia durante a Segunda Guerra Mundial. Con esta obra resulto finalista do Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil.
Matilde
En 2020 resulta gañadora do certame Matilde Bares, relatos pola igualdade, convocado polo Concello de Bueu, coa obra Matilde, inspirado na vida da profesora bueuense Matilde Bares.